Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do desenvolvemento e mantemento das aplicacións informáticas relacionadas coa xestión de axudas e control de explotacións agrarias.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).

Dependencia tramitadora: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Número de expediente: concurso 2/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución do servicio consistente no desenvolvemento e mantemento das aplicacións informáticas relacionadas coa xestión de axudas e control das explotacións agrarias.

b) Lotes: non cabe a división por lotes.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: desde o 1-1-2000 ó 31-12-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 91.329.062 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 1.826.581 ptas.

Definitiva: 3.653.162 ptas.

6. Obtención de información e documentación.

Solicitude de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, así como o modelo de proposición económica, estarán á disposición dos interesados na Secretaría do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), rúa dos Irmandiños, s/n, 15704, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 60.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite de obtención de documentos e información: a do remate do prazo para presenta-las proposicións.

7. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría B.

8. Presentación de ofertas.

Data límite: o 16 de decembro de 1999.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do Ilgga, no enderezo indicado no punto 6.

Prazo de obrigado mantemento da oferta: tres meses desde a apertura da proposición económica.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións.

As proposicións económicas abriranse, en acto público, na sala de xuntas do Ilgga, no enderezo sinalado no punto 6, ás 12 horas do 22 de decembro de 1999.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario os gastos que ocasione a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1999.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia