Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1999, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 1DP/00, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a contratación dun servicio de vixilancia e seguridade do edificio e instalacións da dirección provincial, situado na rúa Durán Loriga, 3.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21-4-1998 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada) para a contratación dun servicio de vixilancia e seguridade do edificio e instalacións da dirección provincial, situado na rúa Durán Loriga nº 3.

Servicio: vixilancia e seguridade do edificio e instalacións da Dirección Provincial da Coruña situado na rúa Durán Loriga nº 3.

Orzamento: 3.050.320 ptas., IVE incluído (18.332,793 euros).

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto (tramitación anticipada).

Prazo de execución: desde o 1-1-2000 ata o 31-12-2000.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de CAP e no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no punto 6.2 da folla de especificacións.

Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares e folla de especificacións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, na Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, 4ª planta, tódolos días laborables, agás os sábados, desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 18 56 78) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co establecido no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 22 de outubro de 1999.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña