Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da UEI do PERI UA 6 Sensat (expediente 4042/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 21 de outubro de 1999, acordou aprobar inicialmente o texto refundido e reformado do proxecto de urbanización da unidade de execución I do PERI UA 6 Sensat, presentado pola entidade Inversiones Mar 2000, S.L., redactado polo arquitecto José A. Comesaña García, con visado do COAG do 14 de xuño e 27 de setembro de 1999.

Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto durante o período dun mes a través de publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da xerencia. Faise notar que o prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 4 de novembro de 1999.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo