Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 10531/1999 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: posta en escena da obra gañadora do VIII premio Rafael Dieste.

Lugar de execución: deputación provincial.

Prazo de execución: un ano contado desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 8.000.000 de ptas./48.080,97 euros.

Garantía provisional: non se esixe. 0 ptas./0 euros.

Garantía definitiva: 320.000 ptas./1.923,24 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 2 de novembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial da Coruña