Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da execución das obras de reforma das naves do parque central de servicios do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 12652/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de reforma das naves do parque central de servicios do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 24.600.780 ptas.

5. Garantías: provisionais: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría c.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obliga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 2 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde