Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO SAVIÑAO

EDICTO

Durante o prazo do mes seguinte á publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, estará exposto ó público, nas oficinas do concello, o Plan xeral de ordenación urbana do concello, co obxecto de que, tanto as entidades como os particulares poidan suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes no mesmo prazo, e tal como se dispón no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O Saviñao, 4 de novembro de 1999.

Joaquín González González

Alcalde