Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión extraordinaria do día dezaseis de setembro do actual, adoptou por maioría no punto II modificación puntual PXOU na zona de protección de vías e zonas verdes para albergue, o acordo que ten a seguinte parte dispositiva:

1. Aprobar inicialmente a nova modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, na zona de protección de vías e zonas verdes futuras, promovida por este concello, e redactada polo arquitecto Manuel J. Feijeiro Martínez (Reg. entrada nº 3249 con data do 6 de agosto de 1999) en función do informe do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, do 15-4-1999, deixando sen efecto o acordo de aprobación inicial adoptado polo Pleno en sesión ordinaria do 23 de outubro de 1998.

2. Abri-lo trámite de información pública, durante un mes, mediante anuncios que se publicarán no DOG, BOP e nun dos diarios de maior circulación na provincia.

3. Suspende-lo procedemento do outorgamento de licencias nas zonas afectadas por esta modificación puntual.

Durante o referido prazo dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios a que se refire o punto 2º do acordo transcrito, o expediente queda de manifesto na secretaría deste concello para os efectos do seu exame, e de se-lo caso, presentación de alegacións.

O Porriño, 6 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado