Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

EDICTO.

No BOP da Coruña, número 237, do 15 de outubro de 1999, publícanse as bases para a oferta pública de emprego de dúas prazas de administrativo, unha por oposición libre e outra por concurso-oposición restrinxido (promoción interna).

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles a partir do seguinte ó da inserción do anuncio no último boletín oficial que o publique.

Padrón, 18 de outubro de 1999.

Jesús Villamor Calvo

Alcalde