Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

Iniciado procedemento de expropiación forzosa para a ocupación dos bens e dereitos que se consideran necesarios para a realización das obras de alargamento e mellora do camiño da estrada provincial ó cruceiro de Coiro, segundo o proxecto redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Pisos Veiga, aprobado na sesión plenaria do 29 de setembro de 1999 e declarado de utilidade pública, faise pública a relación de propietarios e bens afectados para que dentro do prazo de quince días, contados a partir do seguinte á inserción deste edicto no BOP, poidan os interesados formular alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición de bens e dereitos e o seu estado material ou legal, achegando cantos datos permitan a rectificación dos posibles erros que se estimen cometidos na relación que se faría pública.

Para os únicos efectos da emenda de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá comparecer para alegar e ofrecer cantos antecedentes ou referencias sirvan de fundamento para as rectificacións que procedan.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1992, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, ó resultar descoñecido o domicilio dos herdeiros de Manuel Rodríguez M. e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Laracha, 30 de setembro de 1999.

José Manuel López Varela

Alcalde

Relacións de bens afectados

Parcela nºNome do propietarioTerreoOutrosSuperf.Valor

107López Varela, JoséPrado18 m17.730

182Caamaño Álvarez, HiginioPrado71 m69.935

181García Rodríguez, RaúlPrado109 m107.365

156García Canelo, RaúlMonte70 m68.950

157García Méndez, RafaelPrado58 m57.130

48López Varela, JoséLabradio677 m666.845

44aSilveira García, CarmenPrado10 m9.850

182Canedo García, PastoraLabradío101 m99.485

54Hros. Manuel Rodríguez M.Labradío137 m134.945

58Canedo García PastoraLabradio422 m415.670

47Igrexario de CoiroAceso4 m5.400

47Igrexario de CoiroGaraxe16 m400.000

46Ferreiro Barreiro, JosefaAcceso31 m41.850

Ferreiro Barreiro, JosefaGalpón14 m350.000

45Mantiñán Sar, JavierPrado52 m51.220