Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LÁNCARA

ANUNCIO.

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión do día vinteoito de abril de mil novecentos noventa e nove, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

3º Aprobación inicial, estudio de detalle para regularización de aliñacións e reordenación de volumes na Avda. Benigno Quiroga.

Visto que polo Pleno do Concello, en sesión do día nove de outubro de mil novecentos noventa e oito, acordou:

Remiti-lo expediente ó organo competente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, solicitando o informe incluído no artigo 41.3º de Lei do solo de Galicia, Lei 1/1997.

Faculta-lo alcalde para que leve a cabo tódolos trámites relacionados con este asunto.

Visto que o dito acordo se presentou no rexistro da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 6 de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos que a consellería non remitiu informe ningún, malia ter pasado o prazo de dous meses.

E visto o artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O Concello Pleno, por unanimidade,

ACORDOU:

1º Aprobar inicialmente o estudio de detalle para regularización de aliñacións e reordenación de volumes na Avda. Benigno Quiroga, promovido por Manuel Bande Neira e outros.

2º Dar traslado deste acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, onde xa consta o expediente.

3º Sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se inserirá no DOG e nun dos xornais de máis circulación na provincia.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Láncara, 6 de outubro de 1999.

Eladio Capón López

Alcalde