Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que seguidamente se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto con este anuncio polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidad adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto: tratamento exterior de fachadas na marxe dereita do río Pontiñas.

Orzamento: 22.903.521 ptas.

Duración del contrato: un mes.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento abero e tramitación urxente.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 4, categoría E.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de lins a venres ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposións.

Lugar de prazo de presentación de proposicións: o presente anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación do último dos anuncios indicados e en horario de nove a catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás trece horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas, para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 4 de novembro de 1999.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental