Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/182-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa de Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: C.T.A. de Castrofeito.

Situación: O Pino.

Descricións técnicas: centro de transformación aéreo de 50 kVA a 20 kVA. B.2 en Castrofeito. Concello do Pino.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña