Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/273-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa de Madrid, 1 baixo polígono das Fontiñas,15000 Santiago de Compostela.

Denominación: reforma varias RR.BB.TT.

Situación: O Pino-Santiago de Compostela-Frades-Boqueixón.

Descricións técnicas: redes de baixa tensión dos centros de tranformación de San Martiño (concello de Frades), de 1.117 m, en conductor R.Z.; de C.T. Requesende de 410 m (concello de Santiago de Compostela); de C.T. Castrofeito 1.680 m (concello do Pino) e C.T. Granxola de 1.997 m (concello de Boqueixón).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña