Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA
Domicilio social: rúa de Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), 15000 Santiago de Compostela.
Denominación: C.T.A. de Requesende.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 60 m de lonxitude, en conductor LA-30 e C.T. aéreo de 50 kVA en Requesende. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 15 de outubro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña