Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/391-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º Of 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Entenza II-Cateiras Monte Faro.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.339 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o C.T. existente Entenza II ata o C.T. existente canteira Lemos, na zona de canteiras do Monte Faro, concello de Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 11 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra