Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/241-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T.C. Explotacións Agrarias de Olveira.

Situación: Dumbría.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, con orixe na liña Vimianzo-Báiñas-Lucín (expediente 34856) e final no apoio nº 3 da liña a C.T. Explotacións Agrarias de Olveira. Liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al de 20 m de lonxitude, con orixe na anterior e final en C.T. Olveira. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kV e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Olveira. Dumbría.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña