Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 231/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997 do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24), de aplicación transitoria, se incoa o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, ós efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

«Modificado da liña eléctrica aérea a 66 kV. Padrón-Finsa, entre os apoios nº 11 e 14, pasándoa a subterránea, implantando novo apoio aéreo subterráneo metálico no 11 e adaptando o 14, con conductor R.H.E. 33/66 kV de 630 mm Al, cunha lonxitude de 410,5 m, discorrendo por terreos e vías da vila de Padrón. Coa finalidade de reforma-lo trazado entre os apoios nº 11 e 14, convertendo este tramo en subterráneo, en resposta á petición formulada polo Concello de Padrón. No termo municipal de Padros. (Expediente nº 231/1999).».

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou xuros económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte a última publicación desta resolución.

Esta publicación se realiza igualmente ós efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, de modificación de la Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-lo titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzcan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 6 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente 231/1999Provincia: A Coruña.

Tramo Sub. L.A.T. 66 kV. Padrón-Finsa.Termo municipal: Padrón.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2O CastiñeiroPradoExtrusiones y Lacados Beneven

Francisco e Andrés Quintás

A Picaraña-A Escravitude, s/n,

15980 Padrón

œ 1112,527,58

3O CastiñeiroPradoJesús Minguéns LijoA Ponte,

15900 Padrón

œ 1112,5

8O CastiñeiroLabradíoAntonio Carballo (C. Carballo)Avda. de Ponte Cesures, 37

15900 Padrón

45,82

11O CastiñeiroViñedoRamón Sonora RodríguezAvda. de Ponte Cesures, 37,

15900 Padrón

14,73

17O CastiñeiroPradoMaría Fragua OteroA Ponte,

15900 Padrón

6,96