Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/236-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. r/ Nova Apertura.

Situación: Rianxo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al de 640 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea que alimenta o C.T. Fincheira (expediente 50442) e final na mesma liña, unha vez entre e saia do C.T. r/ Nova Apertura, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión en dous circuítos conductor R.V. e lonxitude de 180 m. Rianxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña