Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/234-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S., r/ Fernándo Casas Novoa, 4.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 40 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. A Baiuca (expediente 27134) e final no C.T. r/ Fernando Casas Novoa, 4, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV na r/ Fernando Casas Novoa, 4 do que parte rede de baixa tensión en dous circuítos subterráneos, con conductor R.V. de 100 m de lonxitude. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña