Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 15 de novembro de 1999 Páx. 13.395

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 292/1999, do 11 de novembro, polo que se nomea a Antonio Eiras Roel cronista xeral de Galicia.

O Decreto 323/1991, do 4 de outubro, establece a figura de cronista xeral de Galicia como distinción e recompensa ós méritos singulares que poidan concorrer nunha persoa física pola súa destacada actividade e servicio en beneficio dos intereses da investigación da historia de Galicia.

Na súa virtude, por porposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de novembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase cronista xeral de Galicia a Antonio Eiras Roel.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de novembro de mil novecientos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo