Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/85-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: Desvío de liñas eléctricas na rúa Erbedelo.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: desvío da liña subterránea, a 20 kV desde o C.T. Estadio 2 (praza Sorolla) ata a L.M.T. subterránea que vai ó C.T. r/ Dalí, e mailas redes de baixa tensión subterráneas que se atopan na r/ Erbedelo entre as rúas Velázquez e Dalí.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 8 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense