Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/84-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Mirós, Fumaces, Rubiós (Riós).

Situación: Riós.

Descricións técnicas: liña a 20 kV., de 870 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. ó C.T. Trasverea e remata no C.T. proxectado aéreo en Mirós, con 50 kVA. R/T. 20.000/380-220 V. redes de baixa tensión en Mirós, Fumaces e Rubiós (Riós).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 8 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense