Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T. e R.B.T. A Almuzara, As Quintás, Figueiroa.
Situación: Boborás.
Descricións técnicas: liña a 20 kV de 36 m, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada da liña ó C.T. Penedo en remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA r/t 20.000/380-220 V na Almuzara. Redes de baixa tensión na Almuzara e Cameixa.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Ourense, 8 de outubro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense