Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/5-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Boborás.

Situación: Boborás.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón de 303 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Boborás-Brués, e remate no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA no polideportivo de Boborás. Rede de baixa tensión en Boborás.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contre a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e COercio no prazo dun mes contado a partir do dìa seguinte ó da notificación desta resolucuón; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 5 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense