Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Castroncelos e Santo Adrián (concello da Pobra de Brollón), e a súa declaración de utilidade pública. (Expediente 35/1998 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

Descricións técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Castroncelos cunha tensión de 20 kV, orixe no P-13 da L.M.T. de Salcedo e remate no C.T. de Castroncelos, cunha lonxitude de 0,08 km. Conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e nº de apoios/tipo 2/H.V.H.

2. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Santo Adrián cunha tensión de 20 kV, orixe na L.M.T. A Pobra de Brollón-O Incio e remate no C.T. de Santo Adrián, cunha lonxitude de 0,503 km. Conductor tipo sección LA 56/54,6 mm e nº apoios/tipo 3/HV e 2/H.V.H.

3. Centro de transformación intemperie de Castroncelos, situado en Castroncelos cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación intemperie de Santo Adrián, situado en Santo Adrián, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Liña de baixa tensión aérea de Castroncelos, con orixe no C.T. de Castroncelos, lonxitude 2,575 km e nº apoios/tipo 27/HV e 6/CH.

6. Liña de baixa tensión aérea de Santo Adrián, con orixe no C.T. de Santo Adrián, lonxitude 0,3 km e nº apoios/tipo 6/HV.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta Delegación Provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso e no mesmo prazo, alegacións por escrito, que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan,

de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 4 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 35/1998 Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T. CastroncelosTermo municipal: A Pobra de Brollón.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CerradoPradoAvelino Torres SanmartínBarrio da Estación,1,

27330 A Pobra de Brollón-Lugo

2-C.T.458580

2Tras do CerradoPradoAvelino Torres SanmartínBarrio da Estación,1,

27330 A Pobra de Brollón-Lugo

1125250

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 35/1998 Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Santo AdriánTermo municipal: A Pobra de Brollón.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1FilgueiraMonte altoVicente Maceda FrancoSanto Adrián, s/n,

27332 A Pobra de Brollón-Lugo

1260967

2FontePradoJosé Vázquez de la FuenteSanto Adrián, s/n,

27332 A Pobra de Brollón-Lugo

36300

3FonteMonte baixoMaría Pérez PérezSanto Adrián, s/n,

27332 A Pobra de Brollón-Lugo

2230300

4Os MedosMonte altoMaría Pérez PérezSanto Adrián, s/n,

27332 A Pobra de Brollón-Lugo

30488

5Os MedosMonte altoAntonio Maceda CaminoSanto Adrián, s/n,

27332 A Pobra de Brollón-Lugo

36162

6TralopacPradoManuela Marzabal de la FuenteR/ Valladolid, 10,

27330 A Pobra de Brollón-Lugo

3242490

7Os MedosMonte altoJosé Rodríguez RiveraFondorallo, s/n,

27332 A Pobra de Brollón-Lugo

148

8Os MedosPradoRamón Yebra CastroSanto Adrián, 8,

27332 A Pobra de Brollón-Lugo

110

9TralamanMonte altoManuela Marzabal de la FuenteR/ Valladolid, 10,

27330 A Pobra de Brollón-Lugo

141.824

10LamacovaMonte altoAntonio Maceda CaminoSanto Adrián, s/n,

27332 A Pobra de Brollón-Lugo

4213182

11LamacovaPradoMaría Pérez PérezSanto Adrián, s/n,

27332 A Pobra de Brollón-Lugo

5-C.T.486800