Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. de enlace de Vilariño de Conso-Viana do Bolo, no concello de Viana do Bolo. (Expediente IN407A 99/81).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Localización: concello de Viana do Bolo (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea núa a 20 kV, de 2.760 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 30 da L.M.T a Quintela do Pando, e final no centro de C. liñas Viana II.

e) Orzamento: 8.481.238 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo

54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 1 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/81.Provincia: Ourense.

L.M.T. enlace Vilariño-Viana.Termo municipal: Viana do Bolo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

43LombasMonte baixoSofía García Gómezr/ Ramón Gómez de la Serna, 111-1º C, 28035 MA881.408

48MelandrosMonte altoSofía García Gómezr/ Ramón Gómez de la Serna,

111-1º C, 28035 MA

16

49MelandrosMonte altoCarmen Pousa Sierrar/ Orzán, 22-4º,

15003 A Coruña

661.056

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

51A LadeiraMonte baixoVictorino Llorden ÁlvarezAvd. Xral. Primo de Rivera, 26

49600 Benavente

40640

52A LadeiraMonte altoSecundino García PradaPraza Maior, 2,

32550 Viana do Bolo

1321121.792

54Viana do BoloHorta e Art.José Benito Guerra GarcíaPraza Maior, 17,

32550 Viana do Bolo

15228448

56Viana do BoloLabradíoVictorino Llorden ÁlvarezAvda. Xral. Primo de Rivera, 26,

49600 Benavente

50500

59Viana do BoloLabradíoManuela Rdguez. Villasanter/ Nicolás Tenorio, 33-3º F,

32550 Ourense

50500