1. Autorización administrativa.
Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.
a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
b) Localización: concello do Irixo (Ourense).
c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.
d) Trazado e datos básicos:
L.M.T. aérea núa a 20 kV, de 890 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio existente desde onde se realkiza a acometida ó C.T. O Irixo, e final no C.T.C. O Irixo de Arriba.
L.M.T. subterránea a 20 kV, de 20 m de lonxitude, en conductor R.H.V., con orixe no apoio nº 8 da L.M.T. ó C.T. do Irixo de Arriba, e final no C.T. O Irixo de Arriba.
C.T. prefabricado O Irixo de Arriba, de 250 kVA, r/t 20.000/380-220 V.
R.B.T.S. aéreas de 1.735 m de lonxitude do C.T. do Irixo de Arriba e 535 m de lonxitude do C.T. das Laxas en conduuctor R.Z.
e) Orzamento: 12.292.262 ptas.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.
3. Alegacións.
A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.
Ourense, 24 de setembro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 99/78.Provincia: Ourense.
L.M.T., C.T. e R.B.T. O Irixo, As Laxas.Termo municipal: O Irixo.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
Eladio López Lamelas 36001 Pontevedra47 Veiga de Abaixo Prado Alejandro López Lamela
r/ General Mola, 8-2º,
53 530
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
(La Bisbal de Empordá), 12,
17100 Girona
Eladio López Lamela 36001 Pontevedra68 Veiga de Arriba Monte alto Cesáreo Vázquez Romero r/ Alianza Bisbalenca
4 64
75 Veiga de Arriba Monte alto Alejandro López Lamela
r/ General Mola, 8-2º,
4 64