Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. Betote de Abaixo, O Piñeiro e San Xulián, concello de Sarria. (Expediente 18/1999 A.T.)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, sen que se presentaran alegacións nin oposición ó trazado da liña na fase de información pública.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea derivación a C.T. de Betote de Abaixo, de 20 kV con orixe na L.M.T. a C.T. de Onte-Zaera e remate no C.T. de Betote de Abaixo, cunha lonxitide de 0,432 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm, nº apoios/tipo 4HV-H.V.H. e afección de 10 m.

2. Liña de media tensión aérea derivación a C.T. de San Xulián, de 20 kV con orixe na L.M.T. a Onte-Zaera e remate no C.T. de San Xulián, cunha lonxitude de 0,319 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm nº apoios/tipo 2/HV-H.V.H. e afección de 10 m.

3. Centro de transformación intemperie Betote de Abaixo, situado en Betote de Abaixo, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación intemperie en San Xulián, situado en San Xulián cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Centro de transformación non prefabricada de Monte, situado en Monte, cunha potencia de 160 kVA.

6. Liña de baixa tensión aérea en Betote de Abaixo, con orixe no C.T. de Betote de Abaixo, cunha lonxitude de 1,79 km nº apoios/tipo 20/HV.

7. Liña de baixa tensión aérea en San Xulián con orixe no C.T. de San Xulián, cunha lonxitude de 1,08 km nº apoios/tipo 10/HV.

8. Liña de baixa tensión aérea en Cruces, con orixe no C.T. de Cruces cunha lonxitude de 1,26 km e nº apoios/tipo 18/HV.

9. Liña de baixa tensión aérea en Monte, con orixe no C.T. de Monte, cunha lonxitude de 2 km e nº apoios/tipo 26/HV.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 11 de maio de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 12 de xuño de 1999, DOG do 17 de xuño de 1999 e no diario El Progreso do 9 de xuño de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase intepoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 15 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo