Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.321

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (38/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 38/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1999.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, estes autos de xuízo de faltas nº 38/1999, seguidos por conducción de vehículo de motor, carecendo de seguro obrigatorio, no que foi parte denunciante a correspondente autoridade de tráfico e, como parte denunciada, José Antonio Rojo Bardanca, maior de idade. O Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo condenar e condeno a José Antonio Rojo Bardanca como autor responsable dunha falta de conducción sen seguro, do artigo 636 do Código Penal, á pena de 40 días de multa a razón de 500 pesetas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana. Así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.».

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Antonio Rojo Bardanca, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 20 de outubro de 1999.

O secretario

Rubricado