Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.321

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (56/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 56/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1999.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, estes autos de xuízo de faltas nº 56/1999, seguidos por lesións, no que foi parte denunciante Ángel Ferreira Jorge, maior de idade; aparece como parte denunciada Severino Vieites Tejo, maior de idade. O Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Severino Vieites Tejo da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.».

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Severino Vieites Tejo, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 20 de outubro de 1999.

O secretario

Rubricado