Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.320

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (29/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 29/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1999.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, estes autos de xuízo de faltas nº 29/1999, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, no que foi parte denunciante os axentes da policía municipal cos carnés profesionais nº 161 e 157, sendo prexudicado o Concello de Santiago de Compostela, baixo a representación procesual do procurador Lisardo Reimóndez Portela e a defensa letrada de Esperanza Cobas Prieto; aparece como parte denunciada Antonio González Sánchez, maior de idade, coa defensa letrada de Gonzalo Gesto Quiñoy. O Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo condenar e condeno a Antonio González Sánchez como autor responsable dunha falta de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade do artigo 634 do Código Penal, á pena de 30 días de multa a razón de 300 pesetas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana. Igualmente, deberá indemniza-lo Concello de Santiago de Compostela na cantidade de 3.290 pesetas. Así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.».

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, o pronuncio, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Antonio González Sánchez, Antonio Reboredo González e Julio Fernández Ramos actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 19 de outubro de 1999.

O secretario

Rubricado