Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola Orde do
20 de agosto de 1998 (DOG nº 180, do 16 de setembro), dado que os candidatos presentados non reúnen tódalas condicións necesarias para o desempeño do posto, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,
RESOLVE:
Primeiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.
Segundo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente, á elección do/a demandante, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu domicilio ou no da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1999.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
ANEXO
Posto de traballo: secretario/a de apoio.
Código do posto: PE.C01.00.000.15770.002.
Nivel: 18.
Dependencia: gabinete do conselleiro.
Localidade: Santiago de Compostela.