Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.315

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de outubro de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola Orde do 19 de maio de 1999 (DOG nº 102, do 31), dado que os candidatos presentados non reúnen tódalas condicións necesarias para o desempeño do posto, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Segundo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente, á elección do/a demandante, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu domicilio ou no da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Posto de traballo: Servicio Comercialización e Infraestructura.

Código do posto: PE.C04.00.001.15770.026.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

Localidade: Santiago de Compostela.