Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.314

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 26 de outubro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo vacantes que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para os postos se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionados para ocupa-los postos de traballo funcionarios con detino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario. Este prazo empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO

Código do postoN.C. Espec.GrupoCorpoDenominación do postoDependenciaLocalidadeTit. Académ.

Form. Espec.

AGC99.30.201.15350.001261.362.924ABX./Esp.Xefe área I (Ferrol)Servicio de Extensión Agraria (área I, Ferrol)Ferrol-A Coruña

AGC99.30.201.27060.001261.362.924ABX./Esp.Xefe área (Becerreá)Servicio de Extensión Agraria (área VII, Becerreá)Becerreá-Lugo

AGC99.30.201.27290.001261.362.924ABX./Esp.Xefe área II (Mondoñedo)Servicio de Extensión Agraria (área II, Mondoñedo)Mondoñedo-Lugo

AGC99.10.201.32001.001281.438.260ABX./Esp.X. Serv. Extención e Capacitación Agraria. (Ourense)Servicio de Extensión Agraria-OurenseOurense

AGC99.30.201.32840.001261.362.924ABX./Esp.X. área IV (Verín)Servicio Extensión Agraria (área IV, Verín)Verín-Ourense