Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.315

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1999 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de mecánica de fluídos, do departamento de Enxeñería Naval e Oceánica, a María Luisa Sánchez Simón.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de outubro de 1998 (BOE do 28 de novembro), para a provisión da praza número 98/066 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de mecánica de fluídos, departamento de Enxeñería Naval e Oceánica desta universidade, a favor de María Luisa Sánchez Simón, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que

a desenvolven, resolveu nomear a María Luisa Sánchez Simón profesora titular de universidade da área de coñecemento de mecánica de fluídos, do departamento de Enxeñería Naval e Oceánica desta universidade.

A Coruña, 22 de outubro de 1999

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña