Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.301

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado 45/1999, interposto por María Mercedes Barca Areosa.

O 2 de agosto de 1999 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe do Xulgado do

Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 45/1999, interposto por María Mercedes Barca Areosa, contra resolución da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a recurso ordinario de 12-5-1999, sobre a expedición da certificación de asistencia á actividade de formación Proxecto de Desenvolvemento Curricular de Centro durante o curso académico 1997-1998.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 78.3º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos no Xulgado Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria