Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 12 de novembro de 1999 Páx. 13.301

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de novembro de 1999 pola que se conceden o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e o Premio para Investigadores Mozos (Área Científico-Técnica), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1999.

Pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 16 de febreiro de 1999 (DOG do 23), convocáronse o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e o Premio para Investigadores Mozos (Área Científico-Técnica), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1999.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Primeiro.-Concede-lo Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica, con carácter compartido, a María Inmaculada Paz Andrade e a Fernando Fraga Rodríguez.

Segundo.-Concede-lo Premio para Investigadores Mozos (Área Científico-Técnica), con carácter compartido, a Luis García Río e Ignacio Colominas Ezponda.

Este orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública