Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 6 de outubro de 1999 polo que se anuncia a adxudicación de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que a Comisión de Goberno, en sesión do día trinta de setembro pasado, por concurso aberto e procedemento urxente, acordou as seguintes adxudicacións.

Obra: pavimentación da rúa que desde a EN 634 conduce á rúa José Mª Fernández Piñeiro, en Baamonde.

Adxudicatario: empresa Rozas Obras y Pavimentos, S.L.

Prezo da adxudicación: 10.525.000 ptas., IVE incluído.

Obra adicional comprometida: 975.000ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: tres meses.

Obra: pavimentación no núcleo de Baamonde.

Adxudicatario: Serafín de la Fuente Cao (Cholo).

Prezo de adxudicación: 17.150.000 ptas., IVE incluído.

Obra adicional comprometida: 2.930.000 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: dous meses.

Begonte, 6 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado