Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros na do 20 de outubro de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 210, do venres 29 de outubro de 1999), que anunciaba concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de 80 pHmetros para os inspectores veterinarios destinados nos matadoiros homologados da Xunta de Galicia (C-523/1999).

Advertidos erros no prego de prescricións técnicas que rixe para o referido concurso, cómpre face-las seguintes correccións:

1ª Onde di: «Rexistrador de datos incorporado que memoriza 200 valores de medición con posibilidade de identificación de cada mostra», debe dicir: «Memoria de datos para 100 grupos de datos como mínimo».

2ª A indicación relativa ó requirimiento dunha «Autonomía de 5000 horas», queda suprimida.

3ª Onde di: «Maletín profesional con espacio incorporado para medicións e compartimento separado para o electrodo e os accesorios, soporte, tampóns técnicos de pH 4,01, 7,00 e 10,00 disolución de CLK (3 mol/l), vaso graduado», debe dicir: «Maletín con espacio incorporado para medicións e compartimento separado para o electrodo e os accesorios, soporte, tampóns técnicos de pH 4,01, 7,00 e 10,00 disolución de CLK (3 mol/l), vaso graduado».

O prazo para presentación de ofertas para realización da devandita subministración (trece días naturais) computarase a partir do día seguinte ó da publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), ás 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que rematee o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos