Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999 pola que se rectifica un erro na información pública do expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Parque Empresarial de Tui (Pontevedra).

Con data do 4 de outubro de 1999, dictouse resolución pola que se someteu a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Parque Empresarial de Tui.

Na relación destes bens, que foi publicada no DOG do 13 de outubro de 1999 e no xornal Faro de Vigo do 8 de outubro de 1999, omitíronse por erro os predios números 1 e 2 do devandito expediente expropiatorio, que xa figuraban na relación de bens que se someteu a información pública por resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 27 de

xullo de 1999 e publicada no DOG o 13 de agosto de 1999, e que se inclúen dentro do ámbito de delimitación do Plan parcial do Parque Empresarial de Tui.

Polo tanto, débense incluír no expediente expropiatorio os ditos predios números 1 e 2, continuándose respecto a elas tódolos trámites procedentes, de conformidade coa resolución dictada o 4 de outubro de 1999, notificándoselles individualmente ós que figuran como propietarios delas as taxacións correspondentes a estos predios.

Nº referencia catastral:

Predio: 1.

Pol.: 75.

Parcela: 456.

Propietario: José Martínez Gómez.

Sup. Exp. m: 425.

Enderezo: Toxeira-Areas-Tui.

C.P.: 36711.

Provincia: Pontevedra.

Nº referencia catastral:

Predio: 2.

Pol.: 75.

Parcela: 457.

Propietaria: Saladina Montes Fernández.

Sup. Exp. m: 827.

Enderezo: Anta-Areas-Tui.

C.P.: 36711.

Provincia: Pontevedra.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo