Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 11 de novembro de 1999 Páx. 13.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión do 29 de outubro de 1999, prestou aprobación ós pregos de condicións económico-administrativos para a contratación das obras de dotación de servicios básicos na zona dotacional de Quiroga, cun orzamento de execución por contrata de 55.000.000 de ptas. e un prazo de execución de 5 meses.

As obras adxudicaranse polo sistema de concurso, en procedemento aberto e tramitación urxente.

O que se expón ó público polo prazo de 8 días para efectos de exame e presentación de reclamacións.

Con excepción do disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación das devanditas obras, para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

No BOP publicarase extracto da convocatoria da licitación.

Quiroga, 2 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado