Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da Administración local en Galicia, anúnciase o seguinte edicto de contratación por poxa pública da obra: mercado municipal (VI fase final).

Prezo de licitación: 10.000.000 de ptas.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse nas oficinas deste concello no prazo de trece días naturais, en horario das 8 ás 15 horas os días laborables e das 9 ás 13 horas os sábados, a partir da publicación do correspondente edicto no BOP, podéndose examinar nelas o prego de condicións e demais condicións da referida poxa.

Tui, 2 de novembro de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde