Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 27 de setembro de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa Santo Andrés, no Carril, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas Alfredo Montero Vaz e promovido por Pescavella, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra o citado acordo, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Comisión Municipal de Goberno, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se é o caso, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da resolución expresa do citado recurso. Se a resolución non fora expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Vilagarcía de Arousa, 30 de setembro de 1999.

Joaquín J. Gago López

Alcalde