Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización de travesía entre a avenida de Eduardo Pondal e a rúa Camiño do Gorgullón.

A Comisión de Goberno, en sesión do día trece de setembro de mil novecentos noventa e nove, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da travesía prevista polo Plan xeral de ordenación municipal entre a avenida de Eduardo Pondal e a rúa Camiño do Gorgullón, promovido, mediante iniciativa particular, por Procastrolar, Sociedad Limitada, e redactado pola arquitecta María I1 de Portos Taboada, con visado da Delegación en Pontevedra do COAG con data do 21-12-1998 e anexo á memoria e orzamento do proxecto e plano número 7 de perfil transversal da rúa, subscritos pola citada arquitecta, intervidos colexialmente o 3-3-1999, que reforman e anulan os correlativos do proxecto, téndose que suxeitar a determinadas condicións.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contando desde o día seguinte ó daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedente consonte a dereito.

Pontevedra, 6 de setembro do 1999.

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado de Área

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral