Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer de dous pisos sitos en Vigo, con destino ó Servicio de Externalización dos enfermos psiquiátricos do Hospital de Rebullón.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimoino da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que, polas condicións de habitabilidade nas que se encontran os pisos que ocupan actualmente os enfermos psiquiátricos do Hospital do Rebullón, xustifícase, logo de fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer de dous pisos na rúa Fragoso, nº 5-2º e na rúa Zamora,

nº 90-3º D de Vigo, para destinalos ó Servicio de Externalización dos enfermos psiquiátricos do Hospital do Rebullón.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1999.

P.O. (Orde 21-4-1998)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde