En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas,
RESOLVO:
Primeiro.-Facer público que, polas necesidades do servicio ou funcións que se van satisfacer no local, xustifícase, logo de fiscalización da intervención delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer de dous pisos sitos na rúa Sierra Martiñá, nº 38 de Ourense, para destinalos á fase de convivencia en pisos urbanos da terapia social integradora de pacientes do psiquiátrico Cabaleiro-Goás.
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1999.
P.O. (Orde 21-4-1998)
Manuel Antonio Silva Romero
Secretario xeral da Consellería de Sanidade
e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde