Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 14 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-863/1998, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992,de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente nº 15-863/1998 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa nº 10-A-2º, edificio Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación; tamén poderá interpoñer calquera outro que considere pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario no subseguinte prazo de quince días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela. Noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

A. As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

B. As débedas notificadas entre os días dezaseis e o derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-863/1998.

Inculpado: Francisco Ribeiro Martíns (Muebles San Caetano).

Domicilio: Rego da Moa, Barallobre, Fene.

Sanción e motivo: (20.000 ptas.) por venda fraudulenta.

Data da resolución: 1-10-1999.

A Coruña, 14 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña