Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1999, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso plurianual para a adquisición de reactivos e arrendamento de dous autoanalizadores automáticos de bioquímica con destino ó Laboratorio de Análises Clínicas. (Expediente 15/1999).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405-Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación. Teléfono: 981 33 45 14. Fax: 981 33 40 84.

c) Número de expediente: CP 15/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de reactivos e arrendamento de dous autoanalizadores automáticos de bioquímica con destino ó Laboratorio de Análises Clínicas.

c) Lotes: un único lote, que incluirá material consumible e arrendamento dos equipos. (Véxase o prego de prescricións técnicas).

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOCCEE nº 109, do 8 de xuño de 1999, BOE nº 142, do 15 de xuño, DOG nº 114, do 16 de xuño.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

43.195.469 ptas. (259.610 euros) (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 17 de setembro de 1999.

b) Contratistas: Izasa, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe: 34.749.241 ptas. (208.847,14 eros) (IVE incluído).

c) Importe total adxudicado: 34.749.241 ptas. (208.847,14 euros) (IVE incluído).

Ferrol, 6 de outubro de 1999.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol