Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación dun contrato.

O conselleiro maior desta institución, mediante resolución adoptada o 15 de outubro de 1999, realizou a adxudicación que se detalla:

1. Entidade adxudicadora:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de asistencia.

b) Descrición do obxecto: traballos de colaboración na fiscalización do Concello da Coruña correspondentes ó exercicio 1997.

c) Anuncio de licitación: DOG nº 181, do 17-9-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 5.300.000 ptas., equivalentes a 31.853,64 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 15-10-1999.

b) Contratista: Auditores y Consultores de Organismos Públicos, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 5.034.997 ptas., equivalentes a 30.260,94 euros.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia