Por medio deste edicto faise saber que o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia dictou resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla en extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, de augas, en materia de dominio público hidráulico.
En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Valiño, estación de autobuses, Santiago de Compostela), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.
En relación con esta resolución, o interesado poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun (1) mes contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, de acordo co contido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999 que a modifica.
Con todo isto, no caso de non presenta-lo devandito recurso e sendo executiva a resolución notificada por este edicto, o importe da sanción deberá aboarse no prazo dun mes contado desde á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, na conta aberta na oficina número 0388 da entidade bancaria Caixa Galicia, conta número 3110001083, aberta a nome de Augas de Galicia. Unha vez efectuado o ingreso, deberá remitir a Augas de Galicia copia do resgardo da operación bancaria. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse o ingreso, procederase a súa exacción pola vía de constrinximento.
Santiago de Comnpostela, 14 de outubro de 1999.
Isabel Vila Barbosa
Xefa da Área de Xestión do Dominio Público
Hidráulico
ANEXO
Expediente número: DH.D15.11066.
Persoa interesada: Valeriano Álvarez Basich.
Domicilio que consta no expediente: polígono Elviña, 2ª fase, 12-9º B, A Coruña.
Acto administrativo: Resolución do 14-10-1999.
Preceptos infrinxidos: artigo 315 j) do Regulamento do dominio público hidráulico.
Sanción imposta: 5.000 ptas.